O parque comercial de Porto do Molle duplica a venda de superficie

FOTO: ZONA FRANCA // Parque empresarial de Porto do Molle.

Dado o gran interese que se detectou entre os operadores comerciais por estar presentes na área de Vigo, no Comité Executivo de hoxe aprobouse a reserva doutros 30.000 metros cadrados en Porto do Molle á empresa López do Real 09 co que esta comercializadora duplicará a superficie destinada á instalación dun “parque de medianas” na área comercial do polígono de Zona Franca. Con esta opción de compra, que se terá que executar nun prazo máximo de 24 meses, López do Real farase con 60.000 metros cadrados á entrada do parque onde se levantará unha edificación desenvolta en varios volumes de aproximadamente 20.500 m2 construídos e con máis de 700 prazas de aparcadoiro.

Entre os operadores comerciais que se van a instalar no Parque Comercial de Porto do Molle atópanse: Decathlon, Leroy, Worten, Mc Donalds, Lidl, Vegalsa Eroski e algunha coñecida marca de roupa. Ademais destas firmas, no deseño tamén se contemplan outros espazos de menor tamaño para a localización de comercios locais para os que hai gran demanda e sobre os que xa se acordou a instalación dunha óptica. Segundo os prazos que se manexan, prevese que en dous anos este Parque Comercial abra as súas portas dando un servizo que atraerá a numeroso público cara á área de Vigo e máis concretamente, cara ao Val Miñor.

Anuncios