Anuncios
Ticker de novas

Triunfo importante do Cereixa para recuperar a segunda praza

Triunfo importante do Careixa Gondomar FS para recuperar a segunda praza antes da transcendental visita da próxima semana á pista do Verín. Non foi bo o partido dos de Vincios, que estiveron espesos en ataque e superados en defensa sobre todo na primeira metade. Dous goles case consecutivos unha vez alcanzado o primeiro cuarto de partido deixaban o resultado moi costa arriba para a remontada (0-2).

Con todo e despois do paso por vestiarios, os de Gondomar conxuráronse e con máis coraxe que fútbol sala lograron remontar o partido. Rubén aproveitaba unha combinación con Esteban para descontar (1-2). O Tui Futsal sacou de centro e na seguinte xogada, Luca pelexou o balón para arrebatarllo ao porteiro e empuxar a pracer (2-2).

O empate prolongouse uns minutos ata que Álex Cabral apareceu en dúas ocasións para sentenciar o encontro; primeiro tras culminar unha boa xogada individual e segundo desde o dobre penalti (4-2). O visitante xogoullo todo en ataque con porteiro xogador e un roubo de Adrián López selou o 5-2 final.

Tres puntos que quedan en casa e autocrítica a realizar antes da próxima saída. O equipo non xogou ben e o mellor foi o resultado.

Anuncios