Montañeiros Celtas convoca unha xornada de eliminación de eucaliptos no Galiñeiro

FOTO: COMUNIDADE DE MONTES DE VINCIOS // Cantares do Brión retira eucaliptos da zona dos petróglifos de Auga da Laxe.

O Club Montañeiros Celtas traballará este sábado 3 de novembro na protección do Galiñeiro, onde están asomando pequenos eucaliptos que é necesario arrincar, coa colaboración da Comunidade de Montes de Vincios. O punto de encontro será ás 11:00 da mañá na área recreativa do Galiñeiro, para retirar eucaliptos na contorna dos petróglifos de Auga da Laxe. Estarán ata as 18:00 horas, pero os interesados en colaborar poderán participar durante o tempo que queiran. Recoméndase acudir con luvas.

Anuncios