O Concello de Nigrán ofrece o domingo ás 17:30 horas no Auditorio Municipal un show máxico de terror a cargo do Rey Midas e Valeria Varitas. O espectáculo forma parte da programación do Samaín e ten un aforo limitado a 200 persoas, polo que as entradas poderán retirarse gratuitamente dende o propio domingo ás 16:30 horas no Auditorio. Anímase aos pequenos a acudir disfrazados para a ocasión.
Nigrán ofrece este domingo un show máxico de terror con motivo do Samaín

