Royal Celtic Bay inicia a celebración dos seus 30 anos en Baiona co seu tradicional Halloween

Este curso é moi especial para a escola de inglés Royal Celtic Bay, xa que o próximo 9 de novembro o seu centro de Baiona cumpre 30 anos. Teñen previsto celebralo ao grande con diversos acontecementos durante o ano, o primeiro coa celebración de Halloween, este mércores nos seus tres centros -Baiona, Gondomar e Tomiño-, con diversas actividades, xogos e obradoiros e o mítico truco ou trato para os nenos. En Baiona, con motivo do aniversario, celebraron unha gran procura do tesouro polo pobo para os alumnos de 6º e de Secundaria, contando coa participación de distintos locais, e finalizando o evento no centro de Baiona cunha festa.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios