Samaín no Centro Cultural de Peitieiros

O Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros celebra este mércores 31 de outubro o Samaín. Desde as 19:30 horas haberá obradoiro de cabazas, contos de medo, merendola compartida e percorrido das almas perdidas pola parroquia (durará ao redor de 1 hora con saída e chegada no atrio). Hai que levar a cabaza e accesorios para decorala, un bote de cristal para facer un faroliño e algo para merendar. Os nenos e nenas deberán ir acompañados dun adulto e levar o seu conto terrorífico para meter medo. A actividade está aberta a socios e non socios.

Anuncios