Sin categoría

Nigrán ofrece este xoves unha tarde de Samaín infantil no Auditorio Municipal

O Concello de Nigrán ofrece este xoves de 17:00 a 20:00 horas no Auditorio Municipal unha tarde de actividades infantís relacionadas co Samaín. “Voltereta e Volvoreta” dirixirán un obradoiro de “camisetas terroríficas” para o cal os nenos de todas as idades que desexen participar deben levar da casa unha camiseta branca que será pintada con temática de “Halloween” empregando rotuladores especiais para téxtil. Ademais, anímase aos pequenos a ir disfrazados e a participar no concurso de cabazas levando unha xa decorada. Haberá premios para as cabazas, camisetas e disfraces máis tenebrosos.