Magosto popular en Baiona

A Escola de Danza Vila de Baiona e o Concello de Baiona organizan este sábado 27 de outubro un magosto popular na Praza do Concello. O evento comezará ás 18:00 horas coa actuación da Escola de Danza Vila de Baiona e o grupo de gaitas “A Seneira”. Ás 19:30 horas ofrecerá un concerto La Patrulla. Haberá castañas de balde para todos os asistentes.