Baiona organiza unha festa terrorífica para nenos e nenas

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona organiza a “Festa do Samaín” o vindeiro mércores 31 de outubro na Alameda Carabela Pinta. Todos aqueles nenos e nenas que se acheguen ata a céntrica rúa pasarán unha tarde terrorífica e poderán participar en diversas actividades.

A xornada comezará ás 17:00 horas e prolongarase ata as 19:00 horas cos “Obradoiros monstruosos”, onde levarán diferentes labores como: pinta caras, monicreques de medo, bruxa sorpresa, casa encantada… entre outras moitas sorpresas. De 17:00 a 19:30 horas os máis pequenos poderán gozar do pasadizo do pánico.

Para finalizar a festa ás 19:30 horas dará comezo un gran “Flashmob do terror” onde todos poderán bailar ao son de coñecidas coreografías musicais.