Anuncios
Ticker de novas

Últimos días para inscribirse na XI BTT Concello de Gondomar

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, a concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, Antón Fernández, Técnico de Deportes, e José Antonio Rodríguez, oficial da Policía Local, xunto co responsable de Protección Civil do Val Miñor, Álex Caldeiro, e o presidente do Club Ciclista Bici Verde, Esteban Lorenzo, mantiveron unha reunión para analizar os aspectos técnicos e de protocolo de seguridade da XI BTT Concello de Gondomar, que terá lugar o vindeiro domingo, 28 de outubro.

En concreto, a ruta cicloturista terá unha primeira parte urbana con saída ás 9:30 horas na Praza do Concello para dirixirse dende alí, con saída neutralizada, cara o trazado deseñado polo Club Bici Verde, organizador do evento, polas Comunidades de Montes de Couso, San Bieito, Mañufe e Donas. A ruta, cunha distancia de 30km e 1.200 metros de desnivel está dirixida aos afeccionados da BTT tanto federados como non federados. O prazo de inscrición finaliza o xoves, 25 de outubro, en www.magmasports.es.

Anuncios