Anuncios
Ticker de novas

Rally San Froilán, penúltima carreira da tempada para Alberto Meira

Esta fin de semana terá lugar a cuadraxésima edición do Rally San Froilán, unha das probas emblemáticas do Campionato Galego, e que terá lugar como sempre nas estradas da provincia de Lugo. O esquema da proba é o clásico en probas do rexional, con catro tramos diferentes a dobre pasada, disputados ao longo dunha única xornada, concretamente o sábado 27.

Alberto Meira competirá esta vez cun copiloto diferente ao habitual, dado que José Murado atópase durante esta semana disputando o Rally de Cataluña, proba valedoira para o Campionato do Mundo. Ante esta coincidencia de datas, Meira recorreu ao experimentado copiloto lucense, Mario González Tomé.

No tocante ao seu percorrido, o rally circulará por tramos que resultan inéditos e totalmente novos, pero que en moitos casos son variacións de cronometradas celebradas xa en edicións anteriores, combinando o tradicional asfalto gastado e sucio de zonas rurais, con outras seccións realmente rápidas, conformando desa maneira unhas especiais realmente selectivas e onde, en palabras do propio Meira: “A clave estará en saber cambiar o ritmo en cada momento, tratando de rodar o máis rápido posible pero sen caer en descoidos”.

Para seguir o rally

VENRES 26 OUTUBRO
Verificacións de 9:00 a 15:30
Parque de asistencia situado no Polígono Industrial As Gándaras
Saída do rally en Polígono Industrial As Gándaras a partir das 19:45

SÁBADO 27 OUTUBRO
Inicio 2ª etapa ás 7:15 desde Recinto Feiral de Amio
Tramo A – “Outeiro de Rei” ás 8:53 e 12:06
Tramo B – “Friol” ás 9:16 e 12:29
Tramo C – “Meira” ás 17:17 e 20:12
Tramo D – “Pol” ás 17:45 e 20:40
Fin do rally ás 21:24 no Polígono Industrial As Gándaras

Resultados en directo en… www.temposfga.eu

Anuncios