O Alcalde de Baiona inicia hoxe unha nova rolda de visitas polas parroquias

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, fará unha rolda de visitas durante esta semana polas parroquias do municipio para coñecer de primeira man as peticións e opinións dos veciños, así como para escoitar e unificar criterios cos baioneses. A primeira cita será hoxe, luns, ás 20:00 horas, no CEIP Belesar, o martes o encontro terá lugar no colexio de Sabarís, o mércores será a quenda de Baíña no Centro Cultural da parroquia, o xoves a reunión terá lugar no Centro Cultural de Baredo, terminando a rolda o venres 26 de outubro no CPI Cova Terreña.