Anuncios
Ticker de novas

Camos arrinca eucaliptos de novo o vindeiro sábado

Ante a boa resposta alcanzada o pasado sábado 13 de outubro, e co fin de volver contar coa axuda de todos, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camos organiza o sábado 27 de outubro unha nova xornada para arrincar o salvaxe rexenerado de eucalipto que invade a zona. Convidan igualmente a todas as persoas e asociacións con conciencia ecolóxica e ambiental, apelando á súa inestimable e necesaria acción solidaria. Haberá auga, froita e choripán gratis para todos os que participen. Recoméndanse luvas e roupa e calzado apropiado. O punto de encontro será ás 16:00 horas na Igrexa de Camos. Máis información nos teléfonos 635 778 998 (Manolo) e 674 408 373 (Almanzor).

Anuncios