
O campo municipal de San Pedro acolleu este sábado a presentación de todas as categorías que conforman o Club de Fútbol Racing Vilariño para a tempada 2018-2019, con inchables para os máis pequenos e petiscos para todos os asistentes. Pasadas as 18:00 horas comezaron a desfilar polo campo os máis de 150 xogadores e xogadoras do club, repartidos nas categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil, Feminino e Afeccionados, todos acompañados polos seus respectivos adestradores e corpo técnico. Tras as fotos de equipo de cada categoría, todos xuntos pousaron para unha gran foto de familia.