Sesión especial de zumba en Nigrán con Seluco Fernández

O Auditorio Municipal de Nigrán acollerá este domingo 21 de outubro ás 18:00 horas unha sesión especial de zumba con Seluco Fernández, instrutor que actuou con grupos tan importantes como Gente de Zona. As entradas anticipadas terán un prezo de 10 euros, mentres que en despacho de billetes custarán 12 euros. Os menores de 10 anos poderán asistir de maneira gratuíta e os nenos e nenas de 11 a 16 anos deberán abonar 8 euros. As entradas están á venda chamando ao teléfono 617 669 882. Ao finalizar o evento, organizado por Nuria Mendes Animasport coa colaboración da Concellería de Deportes de Nigrán, sortearase un inchable valorado en 100 euros.