A Comunidade de Montes de Baredo e a Comunidade de Montes Santa María de Afora de Baiona organizan o vindeiro sábado 27 de outubro unha xornada na que se arrincarán brotes de eucaliptos nas zonas queimadas o ano pasado, para evitar a expansión descontrolada desta árbore e axudar á biodiversidade dos nosos montes. Calquera persoa pode colaborar se o desexa. O punto de encontro será na Virxe da Rocha ás 9:30 da mañá. Todos os interesados en participar deben confirmar a súa asistencia nos teléfonos 645 917 543 ou 627 328 181.
Os comuneiros de Baiona e Baredo organizan unha xornada de eliminación de eucaliptos

