Anuncios
Ticker de novas

Nigrán participa no programa “Tecendo Lazos” cun curso de “Panxoliñas e bailes tradicionais”

O Concello de Nigrán, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza o curso “Panxoliñas e bailes tradicionais” no contexto do programa Tecendo Lazos, no que os participantes realizarán unha posta en común das panxoliñas tradicionais e bailes típicos.

O curso terá unha duración de 16 horas e desenvolverase os días 17, 24 de novembro e 1 e 15 de decembro, de 10:00 horas a 14:00 horas na Asociación de Veciños Monteferro (Panxón). O prazo de inscrición comeza o día 18 de outubro e remata o día 6 de novembro. As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no rexistro xeral do Concello acompañada da seguinte documentación: fotocopia do DNI, autorización do pai, nai ou persoa responsable do menor e fotocopia de volante de empadroamento.

O curso está destinado prioritariamente á persoas empadroadas en Nigrán. Terán preferencia as persoas que formen parte da mesma familia, se inscriban xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas e netos, avoas e avós, fillas e fillos…). Poderán participar menores a partir de 6 anos.

Para mais información na Omix tlf 986 383081.

Anuncios