Avelaíña recibe unha axuda da Deputación para fomentar a autonomía persoal dos seus usuarios

A Asociación Avelaíña recibe unha subvención por parte da Deputación de Pontevedra a través da convocatoria anual de subvencións a entidades sen fin de lucro, para o desenvolvemento do proxecto “Promoción da autonomía persoal en enfermidade mental grave”.

As persoas que padecen un trastorno mental grave sofren un déficit funcional en áreas relacionadas cos hábitos saudables, o manexo da contorna social e doméstica, polo que se fai necesario o desenvolvemento de programas de vida saudable. Neste sentido, inclúense contidos especializados sobre educación para a saúde, obradoiro de habilidades sociais, módulo de servizos comunitarios, habilidades da vida diaria, como cociña, alimentación, entre outros.

A contía concedida é de 5.772,23 € que axudará aos usuarios dos Centros da Guarda, Baiona e do dispositivo Comunitario de Condado-Paradanta a recuperar habilidades persoais e sociais a través deste Programa.