Anuncios
Ticker de novas

Nigrán organiza unha andaina polo futuro parque forestal Táboas-Os Matos

O Concello de Nigrán organiza este luns, coincidindo xusto co primeiro aniversario dos incendios, unha andaina polo futuro parque forestal Os Matos-Río Táboas, situado entre as parroquias de Camos e Chandebrito. A andaina partirá ás 17:00 horas da Igrexa do Cemiterio de Camos (rúa do Sobral) e terá unha duración aproximada de dúas horas, estando guiada por Antón Lois, portavoz de Amigos da Terra.

A vaga de lumes do 15 de outubro de 2017 cebouse precisamente nesta contorna onde se creará o primeiro parque forestal do Val Miñor, espazo que se estenderá ao longo e ancho de 42 hectáreas na zona común de Os Matos, nas ribeiras do río Táboas, e que dá orixe ao principal río do Concello, o Muíños.

Anuncios