Gondomar recibirá 70.000 € para a urbanización da contorna do peto de ánimas de Piñeiro

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar un novo investimento no Concello de Gondomar no marco da liña 1 do vixente Plan Concellos. O goberno de Carmela Silva deulle o visto bo a unha achega de 70.060,29 euros para financiar o proxecto de urbanización da contorna do peto de ánimas de Piñeiro. Este ano, a través do Plan Concellos, a institución provincial destina a Gondomar 1.667.227,04 euros, un 77,22% máis que en 2017.