Anuncios
Ticker de novas

A Panadaría presenta en Gondomar a obra “Elisa e Marcela”

A Panadaría presenta este sábado ás 20:00 horas no Auditorio Lois Tobío de Gondomar a obra “Elisa e Marcela”, protagonizada por Areta Bolado, Noelia Castro y Alién Kendelman baixo a dirección de Gena Baamonde, con texto de Esther F. Carrodeguas, Gena Baamonde e A Panadaría, música de Alién Kendelman, vestiario e caracterización de Fanny Bello e iluminación de Montserrat Piñeiro e Laura Iturralde. O prezo da entrada é de 3,50 euros. O despacho de billetes abrirá ás 19:00 horas.

O 8 de xuño de 1901 dúas mulleres, Elisa e Marcela, casan na igrexa de San Jorge na Coruña. Para conseguir enganar ao cura e facer oficial o seu amor, Elisa transfórmase en Mario. A voda e os posteriores sucesos que envolven a súa historia convértenas no primeiro matrimonio homosexual do que temos constancia en todo o Estado e tamén nunhas das mulleres máis transgresoras da Historia de Galicia. Elisa e Marcela son un símbolo do desafío ás regras do binomio de xénero e da defensa dos dereitos das parellas lésbicas.

Anuncios