Anuncios
Ticker de novas

Cortes de tráfico na Rúa Manuel Lemos por obras de canalización do gas

Desde o día 16 ao 19 de outubro, durante o día estará cortada a Rúa Manuel Lemos, próxima á glorieta de Ramallosa, por obras de canalización do gas. O tráfico só permanecerá aberto por Rúa Manuel Lemos sentido Vigo-Baiona. Os condutores que queiran ir sentido Vigo desde a glorieta, poderán ir alternativamente pola Avda. Torrente Ballester ou Avda. de Portugal, non podendo circular cara á Rúa Manuel Lemos, só sendo permitido o paso aos autobuses de liña e escolares, que será regulado por operarios da empresa Grupo Cobra, encargada das obras.

Anuncios