Aprazado o Gran Premio Concello de Gondomar de Supercrós

As choivas caídas durante as últimas horas alagaron o Circuíto SX Abelleira de Morgadáns. A organización do Gran Premio Concello de Gondomar de Supercrós, previsto para este venres, informou que o evento queda aprazado ata unha nova data xa que “é imposible facer a carreira con plena seguridade”.

O Gran Premio Concello de Gondomar de Supercrós está organizado polo Motoclube Máis Gas contando coa colaboración da Concellería de Deportes. Trátase dun evento deportivo, non oficial, non federado, no que se aplicará o regulamento do Campionato de España de SX. O obxectivo é fomentar, promocionar e divulgar eventos deportivos de supercrós para o goce da afección a este duro e espectacular deporte.

Na proba competirán as categorías Alevín, Promesas, Hobby, Promoción, Veteranos, Mulleres e Elite.