Anuncios
Ticker de novas

A Garda Civil do Posto de Baiona-Nigrán honra á súa patroa

A Garda Civil do Posto Principal de Baiona-Nigrán celebrou este venres os actos conmemorativos con motivo da festividade da súa patroa, a Virxe do Pilar.

Ás 12:00 horas os membros da casa cuartel situada en Baiona acudiron a unha misa na honra da súa patroa na ex Colexiata de Santa María, oficiada polo párroco Manuel Salcidos. Xa de volta no acuartelamento, realizouse a tradicional ofrenda floral ante a figura da Virxe do Pilar.

A continuación, o Tenente Félix Díaz, Comandante do Posto Principal de Baiona-Nigrán, condecorou a dous axentes que sobresaíron no seu traballo durante o último ano, Francisco Javier Álvarez Fernández e Julio César Álvarez Gallego, coa imposición dunha medalla.

Nos actos, que finalizaron cuns petiscos, tamén estiveron presentes os alcaldes de Baiona e Nigrán, Ángel Rodal e Juan A. González, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, ademais de concelleiros de ambos os dous municipios, así como outras autoridades civís e militares.

Anuncios