Xornada de eliminación de eucaliptos nos montes de Camos

Cando se cumpre un ano dos terribles incendios do 15 de outubro de 2017, a Comunidade de Montes de Camos, en colaboración coas Comunidades de Augas, fai un chamamento a todas as persoas e asociacións con conciencia ecolóxica da parroquia, e de fóra dela, para que se unan nunha xornada de eliminación de eucaliptos dos montes.

Será este sábado 13 de outubro, con punto de encontro ás 16:15 horas no Colexio Estudio de Chandebrito. Haberá froita e auga gratis para todos os que asistan. Recoméndase levar luvas e roupa e calzado apropiado. Máis información nos teléfonos 635 778 998 (Manolo) e 674 408 373 (Almanzor).