O Centro Cultural de Baíña organiza unha excursión a Lugo

O Centro Cultural e Social de Baíña organiza o próximo día 13 de outubro unha excursión a Lugo, onde se visitará a muralla e a catedral. A saída será ás 8:45 desde Baíña, incluíndo a comida no Restaurante Torre Núñez. O prezo é de 27 euros por persoa. Máis información e inscricións no teléfono 653 684 969 (Pili).