A Asociación Cultural San Vicente de Mañufe organiza a V Mostra de Teatro Afeccionado “Mañufe levanta o telón”. Todos os sábados de outubro ás 21:00 horas haberá unha cita co teatro no Centro Cultural de Mañufe.
A mostra comeza este sábado día 6 coa obra “A fermosa Dorotea” de Miguel Mihura, do grupo de teatro “Fonte da Tella” de Soutomaior, continuando o sábado 13 co grupo de teatro “Helios, Teatro de Bembrive” e a obra “Helios-Terapia” de José Mejuto.
O grupo de teatro Expresión “Lúa Chea” de Poio representará a obra “Abre a porta”, o sábado 20, e o sábado 27 a mostra chegará ao seu fin co grupo “O Faro da Sorna” de Budiño, coa obra “Aquí non paga ninguén” de Darío Fo.

