Un grupo de veciños e veciñas de Baredo asistiron na mañá deste xoves ao Pleno do Concello de Baiona, reclamando que a reforma do PXOM se faga efectiva para eliminar definitivamente o proxecto do campo de golf. Ademais, entregaron por rexistro unha solicitude de reunión do alcalde cos veciños, en Baredo. Ao final da sesión, o rexedor comunicoulles que esa xuntanza podería ser entre o 15 e o 19 de outubro.
Os veciños de Baredo reclaman que se faga efectiva a eliminación do campo de golf do PXOM

