O Grupo Municipal de Manifesto Miñor convidou a Luís Villares, voceiro de En Marea no Parlamento Galego, a unha visita institucional ao Concello de Gondomar este xoves, 4 de outubro.
Planificación:
10:30 – Visita ao Concello de Gondomar.
11:00 – Xuntanza de traballo co Grupo Municipal para tratar os seguintes asuntos:
1º. Situación do transporte público en Gondomar.
2º. Polígono de A Pasaxe.
3º. Proxecto de mellora da seguridade viaria da PO-331 ao seu paso por Vincios. Supresión da peaxe na autoestrada do Val Miñor (AG-57).
4º. Protección da Serra do Galiñeiro.
12:00 – Rolda de prensa.

