Sin categoría

Comezan en Gondomar e Baiona tres novos obradoiros do programa “Conectadas 2018”

Ao longo desta semana preto de 1.000 mulleres e homes de 32 concellos da provincia comezan os cursos do programa “Conectadas 2018”, unha das iniciativas da Deputación de Pontevedra encamiñadas á promoción e desenvolvemento da igualdade. Na comarca do Val Miñor, en Gondomar realizarase un obradoiro de Teatro ao que asistirán 15 persoas do Centro Cultural e Deportivo “A Merced” de Chaín, os luns e venres, de 20:00 a 22:00 horas. En Baiona vanse desenvolver dous obradoiros: de Risoterapia, na Asociación de Viúvas Mercedes de la Escalera, e de Sendeirismo, na Asociación Local de Amas de Casa e Consumidoras. Os dous talleres serán os mércores pola tarde e asistirán preto de 40 persoas.