Sin categoría

Alicia Borrás presenta en Nigrán a súa novela de suspense “La voz rota”

O venres 5 de outubro ás 20:00 horas celebrarase no Concello de Nigrán a presentación da novela “La voz rota”, da escritora galega Alicia Borrás, editada por Editorial Elvira. No acto público estarán presentes o alcalde de Nigrán, Juan González, a autora e o editor Xabier Romero. Alicia Borrás Sanjurjo, nada en Vigo, traballa como actriz de dobraxe, profesora de teatro e escritora. Como escritora, publicou tanto en galego como en castelán. Foi finalista do Premio Lazarillo de creación literaria en 1998 por “Versos graciosos, sabrosos y jugosos”.

Sinopse da obra: Silvia, unha excelente actriz de dobraxe, é asasinada no terceiro soto do aparcadoiro próximo ao estudo de Santiago de Compostela onde ela traballa habitualmente. Estrangulárona, e na súa boca aberta sen lingua, aparece unha bóla de papel onde o asasino escribiu: “Take 1” –cada unha das unidades en que se divide o texto dun guión de dobraxe-.