O Concello de Nigrán organiza un curso de autodefensa dirixido a mulleres

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza un curso de autodefensa destinado a mulleres. O curso desenvolverase os días 22 e 30 de outubro no Pavillón Municipal de Panxón de 9:30 a 13:30 horas. Terán preferencia as mulleres empadroadas no Concello de Nigrán. O período de inscrición comeza o día 4 de outubro e remata o día 18. As persoas interesadas deberán inscribirse no Centro de Información ás Mulleres na Estrada pola Vía nº65 (antiga estación do tranvía). Teléfono 986 365 000. Mail: cim@nigran.org.

Anuncios