Sin categoría

Bailes latinos e de salón, informática básica e zumba gold no Liceo Marítimo de Baiona

Unha vez rematadas as actividades de verán, o Liceo Marítimo de Baiona retoma as actividades, lanzando as que se describen a continuación e que poderán ser incrementadas en próximas datas.

BAILES LATINOS E DE SALÓN

Nesta actividade aprenderase a bailar bachata, salsa, merengue, chachachá, valse, tango, pasodobre, etc. non sendo necesario acudir en parella. Comezará o vindeiro venres 5 de outubro, día no que se pode acudir a unha clase gratuíta. O horario das clases será os venres de 20:00 a 23:00.

INFORMÁTICA BÁSICA PARA ADULTOS

Este curso comezará o martes día 6 de novembro e levarase a cabo todos os martes en dous horarios de 10:30 a 12:00 horas e de 19:30 a 21:00 horas. Será impartido con computadores portátiles, que estarán incluídos, do mesmo xeito que todo o material necesario para o seu desenvolvemento. O contido do mesmo incluirá coñecementos da Internet, Correo, Redes Sociais, Windows 10, etc.

ZUMBA GOLD

A partir do xoves 1 de novembro retómase a actividade de Zumba Gold. Esta será impartida por unha profesora titulada que adaptará o ritmo da clase ás condicións do grupo de asistentes, dado que está orientada a persoas adultas sen limitación de idade. O horario das clases será os xoves pola mañá de 10:30 a 11:30.

Para inscricións e máis información sobre os cursos deben pasar polo propio Liceo ou poñerse en contacto chamando ao 653 757 614 ou no mail liceodebaiona@gmail.com.