Anuncios
Ticker de novas

A Xunta promove en Gondomar a mellora da formación da artesanía téxtil

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visitou esta tarde en Gondomar o curso de especialización para artesáns “Perfeccionamento do padrón a un branco segundo a visión do deseñador Shingo Sato”, que rematará o sábado 6 de outubro. Esta actividade de formación é a continuación do curso de iniciación que o prestixioso deseñador xaponés impartiu o ano pasado dentro da oferta formativa impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Os quince profesionais da artesanía que participaron no 2017 teñen estes días a oportunidade de perfeccionar a destreza na creación de pezas de moda aplicando a técnica “Reconstrución Transformacional” deste modisto, que substitúe as pinzas e as liñas de costura por cortes asimétricos, xeométricos e circulares, creando un novo manexo de volumes.

A través da Fundación Artesanía de Galicia, a Xunta ofrece un programa de formación especializada para o sector artesán galego no que se están a tratar, neste ano 2018, oficios como a palla trenzada, o manipulado de papel, a sombreirería ou a xoiería, así como o uso das redes sociais e de internet, que se desenvolve nas catro provincias galegas.

A XUNTA PROMOVE EN GONDOMAR A MELLORA DA FORMACIÓN DA ARTESANÍA TÉXTIL

Anuncios