
A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar un novo investimento para Gondomar no marco do vixente Plan Concellos. Trátase dunha partida económica de 165.075,55 euros para a reforma e pavimentación do Camiño de Sequeiros dende a estrada PO-340, Fase I. A vila do Val Miñor ten este ano á súa disposición co Plan Concellos un total de 1.667.227 euros, un 77% máis que no exercicio anterior.