Anuncios
Ticker de novas

16 mozos aprenden a ser copiloto de rallye en Nigrán

O Concello de Nigrán, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, concluíu esta mañá o seu primeiro curso de “Copiloto de Rallye”, que impartiu o piloto local Ezequiel Salgueiro. Os 16 participantes (o total das prazas que se ofertaron) recibiron onte pola tarde os contidos teóricos básicos no Centro Antena de Nigrán e durante esta mañá, de 10:00 a 14:00 horas, puxeron en práctica os ensinos nun tramo de probas en Chandebrito, con piloto e instrutores.

Anuncios