Últimas prazas para a viaxe á costa de Almería organizada por Benestar Social de Gondomar

FOTO: OCIOENALMERIA.ES // Alcazaba de Almería.

A Concellería de Benestar Social do Concello de Gondomar oferta as últimas prazas para a viaxe á costa de Almería que organiza do 15 ao 22 de outubro para maiores de 55 anos. Visitarán Níjar, o Parque Natural Cabo de Gata, Aguadulce, Lucainena de las Torres, Berja, Mojácar, Adra e Almería.

O prezo da viaxe, de 7 días e 6 noites, será de 360 €, incluíndo autocar gran turismo, hotel Playasol de 4 estrelas en Roquetas de Mar en réxime de pensión completa con servizos buffet e enimación nocturna, unha sesión de spa por persoa durante a estancia, guía acompañante, xantar en ruta á ida e o regreso e seguro de asistencia en viaxe.

O prezo non inclúe extras nos hoteis, suplemento por habitación individual e entradas a monumentos. A viaxe só se realizará cun mínimo de 45 persoas. A empresa resérvase o dereito de cambiar a orde do programa de viaxe en beneficio do propio cliente.

Os interesados poden reservar a súa praza no Departamento de Benestar Social sito na Casa da Cultura de Gondomar. Teléfono 986 36 01 68.

Anuncios