Anuncios
Ticker de novas

Obradoiros de robótica gratuítos para nenos e nenas en Baiona

Os obradoiros de Crea R e os seus robots chegan a Baiona para ensinar aos máis novos a dar vida a diferentes obxectos programando. Os obradoiros terán unha duración de dúas horas nas que os nenos e nenas construirán e programarán robots, marcadores de puntos e coches. Aprenderán programación, construirán a estrutura e verán como os obxectos toman vida grazas ao que acaban de aprender. Farán que un robot camiñe, que o marcador leve os puntos dos equipos nun partido e que o coche acelere.

Os obradoiros serán o sábado 6 de outubro no Multiusos Ángel Bedriñana, de 10:00 a 12:00 para nenos e nenas de 7 e 8 anos, de 12:00 a 14:00 para nenos e nenas de 9 a 11 anos, e de 16:30 a 18:30 para nenos e nenas de 12 a 15 anos. Apuntarse é moi sinxelo, os interesados en participar teñen que achegarse á tendaR en Marqués de Quintanar, 27. Alí poderán solicitar a invitación, pero rápido porque hai 60 prazas. O horario de atención é de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00, e o sábado de 10:00 a 13:30. Máis información no 986 358 272.

Anuncios