Sin categoría

A Comunidade de Montes de Camos prevé arrincar o rexenerado de eucalipto

A Comunidade de Montes de Camos convoca Asemblea Xeral Extraordinaria, que se celebrará na Casa da Cultura de Camos o día 30 de setembro, domingo, ás 10:00 horas en primeira convocatoria por imperativo legal, e ás 12:00 horas en segunda convocatoria, para tratar os seguintes puntos do Orde do Día:

  1. Lectura e aprobación se procede da acta anterior.
  2. Información das cortas e xestións.
  3. Programación de saída ao monte en colaboración coas comunidades de augas e demais asociacións para arrincar rexenerado de eucalipto.
  4. Contratación de dúas persoas por fin de obra para eliminación e selección, segundo proceda, de rexenerado de eucaliptos.
  5. Proposta e aprobación se procede, da cesión de uso para situar unha instalación para fútbol 7 na parcela 54035A045000190001JL.
  6. Adxudicación de lotes para leña aos comuneiros.
  7. Rogos, preguntas e outras consideracións.

Tres días antes da Asemblea, estará a disposición dos comuneiros toda a documentación relativa ao orde do día na sede social da Comunidade.