Anuncios
Ticker de novas

Festas de San Miguel en Peitieiros

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión de San Miguel en Peitieiros.

A parroquia gondomareña de Peitieiros celebra este fin de semana as festas na honra de San Miguel. O venres 28 de setembro a verbena nocturna estará amenizada polo grupo Ritmo e a orquestra Anduriña. O sábado 29 ás 10:00 da mañá a Banda de Música Unión Musical de Guláns ofrecerá un pasarrúas polo centro de Gondomar, e a continuación, subirá ao barrio do Piñeiro para acompañar ao tractor de San Miguel, cargado con produtos do campo e animais con destino ao recinto parroquial de Peitieiros. Ás 12:30 horas comezará a Misa Solemne con sermón seguida de procesión acompañada pola mesma Banda de Música, que ofrecerá a continuación un concerto. Ás 17:00 horas comezarán as tradicionais “poxas” de San Miguel, a cargo de Carlos Riveiro, coñecido por Carlos de Gondomar, as máis grandes de toda Galicia, aproximadamente cinco horas. Pola noite, as orquestras Pontevedra e Ledicia Espectáculo amenizarán a verbena. O domingo 30, a charanga Vai de Baile percorrerá a parroquia e será o último día da verbena das festas na honra de San Miguel coa actuación das orquestras París de Noia e Combo Dominicano.

Anuncios