Anuncios
Ticker de novas

Gondomar edita o seu primeiro rueiro

O Concello de Gondomar vén de presentar un traballo das Concellerías de Turismo e Urbanismo e que foi financiado co Plan Concellos 2018. Trátase dun minucioso plano do núcleo da vila do Conde de Gondomar. No rueiro sinálanse 26 puntos de interese para o potencial visitante. Lugares de interese turístico, edificios públicos, relixiosos, xudiciais, educativos, culturais, deportivos, comerciais ou servizos como correos, estación de autobuses, etc.

01. Igrexa de San Bieito. Gondomar
02. Cemiterio Municipal de Gondomar
03. Casa do Concello
04. Oficina de Urbanismo do Concello
05. Centro de Desenvolvemento Local
06. Xulgado de Paz
07. Praza de Abastos
08. Antigo Matadoiro Municipal
09. Oficina de Turismo
10. Aula de Cultura Ponte das Rosas
11. Recinto Deportivo das Cercas
12. Auditorio Municipal Loís Tobío
13. Pazo do Conde de Gondomar
14. Ponte das Ánimas
15. Acueduto do Bravo
16. Ponte de Mañufe
17. Policía Local
18. Centro de Saúde
19. Casa da Cultura
20. Escola Infantil A Galiña Azul
21. Colexio Público Chano Piñeiro
22. I.E.S. Terra de Turonio
23. I.E.S. Auga da Laxe
24. Pavillón de Deportes de Gondomar
25. Campo de Fútbol Municipal As Gaiandas
26. Estación de Autobuses

RUEIRO CASCO URBANO GONDOMAR

Anuncios