Anuncios
Ticker de novas

Impulso á reordenación e ampliación do polígono da Pasaxe

O Alcalde de Gondomar e a asociación de empresarios do polígono da Pasaxe acordaron hoxe co delegado do Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, impulsar a transformación do polígono da Pasaxe dividindo en dúas fases a súa execución ata chegar a conseguir unha área industrial de 600.000 metros cadrados perfectamente urbanizados e equipados para o asentamento de empresas. O investimento estimado pola propia asociación de empresarios para acometer todas estas obras alcanzará a suma de 21 millóns de euros.

Por parte do alcalde Francisco Ferreira asumiuse que, unha vez xa aprobados o proxecto sectorial e o de urbanización, se leve ao pleno municipal deste mesmo mes de outubro tanto o reparcelamento deste primeiro ámbito como a aprobación do prego das obras de urbanización dos 200.00 metros cadrados que conforman a Fase 1.

Unha vez realizados estes trámites que asumen os empresarios e o goberno municipal de Gondomar, a Zona Franca comprométese –segundo o acordado hoxe por Regades- a impulsar conxuntamente cos empresarios instalados e co Concello, a Fase 2 onde se xerarán máis de 400.000 metros cadrados de chan industrial.

A importancia desta actuación vén dada polo feito de que neste polígono, incluído no Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia, xa traballan na actualidade 3.500 persoas e coa reordenación e nova superficie de 400.000 m2, A Pasaxe terá un potencial de xeración de emprego para preto de 7.000 persoas. Estes cálculos realízanse porque, debido á súa localización, o polígono da Pasaxe xa foi clasificado nun documento elaborado polo equipo do profesor González Gurriarán como un polígono estratéxico para provedores da planta PSA de Balaídos.

img1-001img2

Anuncios