Clases de baile latino e de zumba no Centro Sociocomuntario de Baiona

O próximo día 5 de outubro comezan as clases de baile latino e de zumba no Centro Sociocomuntario de Baiona. As clases de baile latino serán todos os venres ás 19:00 horas, con bachata, merengue, salsa, samba, cumbia, chachachá… os participantes aprenderán os pasos para que poidan bailar e divertirse e poñelo en práctica en verbenas, vodas, banquetes, festas… As sesións de zumba comezarán ás 20:00 horas, tamén os venres, unhas clases con diversas coreografías grupais, que farán aos asistentes facer exercicio de forma divertida. Para máis información e inscricións acudir ao propio centro ou chamar ao teléfono 722 685 441. As prazas son limitadas.