Anuncios
Ticker de novas

Segundo posto para o baionés Brais Gómez no 55º Gran Premio Milagrosa

Brais Gómez Cima conseguiu este sábado un segundo posto no 55º Gran Premio Milagrosa disputado en Lugo. O baionés cruzou a meta na categoría Júnior xunto co seu compañeiro do Club Ciclista Ponteareas Adrián Giráldez, que se proclamou campión da proba. O independente Joao Afonso ocupou o terceiro caixón do podio. A competición, organizada polo Club Ciclista Milagrosa, comezou ás 15:30 horas e contou con ao redor de 300 corredores inscritos, repartidos entre as categorías Júnior, Sub-23, Promesa, Principiante, Infantil, Elite, Cadete e Alevín.

Anuncios