A instalación dunha cámara de circuíto pechado de televisión nunha das salas do Centro Neural de Gondomar espertou as queixas do BNG local, que pediu explicacións da súa colocación mediante un escrito presentado ante o rexistro municipal. “As persoas que utilizamos ese ben municipal temos dereito a saber que uso dáselle a ese sistema de vixilancia e por que non existe no local ningunha indicación da súa existencia nin da normativa legal que regula o seu uso”, apuntou a portavoz nacionalista Manuela Rodríguez Pumar. A resposta do alcalde Francisco Ferreira non se fixo esperar, fíxoo a través das redes sociais onde asegurou que foi unha decisión tomada por mor de trasladar a xefatura da Policía Local ao mesmo inmoble, que todas elas respectan a normativa vixente, e que grazas ás súas gravacións lograron descubrir a identidade de varios vándalos que actuaron pola zona. “Están dentro e fóra do edificio, pero todas elas axústanse a dereito”, sentenciou Ferreira.
Ferreira: «A cámara do Centro Neural é legal»

