Anuncios
Ticker de novas

Curso de “Xestión de Almacén” para desempregados de Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece de xeito gratuíto un curso de “Xestión de Almacén” dirixido de forma prioritaria a persoas desempregadas (mínimo 30 días) e empadroadas no municipio que posúan, polo menos, o Graduado Escolar ou a ESO. O obxectivo é aumentar as posibilidades de empregabilidade. Neste curso, o alumnado adquirirá os coñecementos teórico/prácticos dos procesos de almacenaxe e loxística, a recepción e control das mercadorías, a preparación de pedidos e a saída, a xestión informática do almacén, a prevención de riscos e o manexo de carretillas e plataformas elevadoras. O curso terá unha duración de 120 horas, que se dividirán en 100 horas teóricas no Centro Antena e 120 horas prácticas en empresas da zona, e se realizará en dúas quendas de quince persoas, unha en horario de mañá e outra de tarde.

As persoas interesadas en participar, deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal do 24 ao 30 de setembro de 9:00 a 13:30, cubrindo unha instancia e unha enquisa de selección que estará a súa disposición no Servizo de Información, no Centro Antena Municipal e no Departamento de Desenvolvemento Local de Nigrán e achegando a totalidade da documentación que se indica en dita solicitude. Deberán indicar a preferencia en canto a realizar o curso de mañá ou de tarde (asignarase segundo preferencia e puntuación ata cubrir prazas). Aquelas persoas que posúan a acreditación dixital correspondente, tamén poderán inscribirse mediante a plataforma da “Sede Electrónica” do Concello de Nigrán (toda a documentación estará na Sede Electrónica dende o día 24).

Para ampliar esta información, pódese contactar co Departamento de Desenvolvemento Local, no 986 365 000 (extensión 7) e no Centro Antena no teléfono 986 366 572, ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos tle.nigran@nigran.org, centroantena@nigran.org e orlaboral@nigran.org indicando un teléfono de contacto.

Anuncios