Sin categoría

Baiona canaliza e amplía o Camiño Portameán e o viario da Rega en Belesar

O Concello de Baiona está a executar obras de mellora en dous viarios de importante circulación de tráfico na parroquia de Belesar, de maneira que “se aumentou a seguridade viaria, así como mellorouse a drenaxe de auga de choiva”, segundo explicou o Alcalde, Ángel Rodal.

Unha das actuacións afectou á cuneta do camiño Portameán. Neste caso executouse unha nova fase dunha obra que supón a creación dunha canalización de formigón que garanta a evacuación da auga de choiva “á vez que se amplía o espazo da cuneta, o que aumenta a seguridade na circulación”, matizou Rodal.

O segundo viario afectado por este plan de mellora é o da Rega, xunto a un parque infantil de recente creación, unha estrada que é moi frecuentada por vehículos agrícolas, pero tamén polos vehículos particulares dos veciños xa que conecta varios núcleos de poboación da parroquia. Igualmente, levouse a cabo a creación dunha canalización de formigón, mellorando a drenaxe. Nas próximas xornadas executarase o citado desnivel, ampliando de maneira considerable a anchura da estrada “o que tamén aumenta a seguridade viaria”.

“É para nós unha prioridade mellorar as condicións que presenta a nosa rede viaria rural para facilitar a circulación nos camiños municipais, así como que as nosas parroquias conten con infraestruturas de calidade que garantan o mellor servizo aos nosos veciños, podendo estes acceder ás súas vivendas nas mellores condicións posibles”, matizou Rodal.