Anuncios
Ticker de novas

A Garda Civil incáutase dunha importante plantación de marihuana en Gondomar

A Garda Civil detivo onte a un veciño do municipio de Gondomar como suposto autor dun delito contra a saúde pública, na modalidade de cultivo e elaboración de drogas, ao que se lle interveu unha plantación de marihuana, con 238 plantas e varios quilos de cogollos en proceso de secado. O detido é un veciño do mesmo municipio, FJ.S.V., de 50 anos, sen antecedentes policiais relacionados con este tipo de delitos.

Por mor das pescudas realizadas polos efectivos do Posto da Garda Civil de Gondomar contorna a un núcleo de casas situadas na parroquia de Vincios, onde se sospeitaba da existencia dunha plantación de marihuana, durante a tarde de onte procedeuse á localización e incautación dunha importante plantación de cannabis sativa anexa a unha destas vivendas.

No recinto da leira que circunda este domicilio, a Garda Civil incautouse dunha plantación ao aire de libre de 150 plantas de marihuana e nun galpón contiguo localizouse un secadeiro con 4 quilos de cogollos na fase final de secado e varias caixas contendo marihuana en diversos estados de elaboración, desde o cogollo en rama con follas, ata a marihuana totalmente refinada e disposta para o envasado. Unha parte importante deste galpón dispoñía dun sistema de cordas a modo de tendedeiro de onde colgaba unha importante cantidade de ramas cos seus cogollos para o seu secado.

Atopáronse tamén tres alpendres, habilitados a modo de invernadoiros, convenientemente dotados de ventiladores e sistema de iluminación, onde se atoparon outras 90 plantas de marihuana.

Ademais, interviñéronse tres medidores de humidade, un deshumidificador, 20 lámpadas e 26 ventiladores eléctricos, que formaban parte da infraestrutura do cultivo e elaboración.

Plan provincial contra o tráfico e consumo de estupefacientes

Con esta actuación, enmarcada dentro dos servizos que a Garda Civil de Pontevedra ten activados para a detección e erradicación de puntos de produción, venda e distribución de substancias estupefacientes, evitouse que as doses que se puidesen obter da marihuana intervida destináronse ao tráfico de drogas (menudeo).

O detido, xunto coas dilixencias instruídas e as plantas intervidas, será posto esta mañá a disposición do Xulgado de Instrución nº 8 de Vigo, en funcións de garda.

Anuncios