Anuncios
Ticker de novas

Festas de San Cibrán en Donas

A parroquia gondomareña de Donas celebra este fin de semana as festas na honra de San Cibrán.

O sábado 15 ás 10:00 da mañá o grupo de gaitas Pedra Moura de Donas ofrecerá un pasarrúas. Pola noite, darán comezo as festas cunha verbena a cargo do grupo Aramio e a orquestra Superfama.

O domingo 16 ás 10:30 da mañá a Banda de Música de Guláns realizará o tradicional pasarrúas polo centro de Gondomar. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa cantada pola Coral Santa Eulalia de Donas seguida de procesión acompañada pola mesma Banda de Música, que ofrecerá un concerto a continuación e amenizará a verbena nocturna xunto coa orquestra Nevada Band.

O luns 17 ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne seguida de procesión acompañada pola charanga Vai de Baile. A partir das 17:00 horas celebraranse as tradicionais cucañas, e pola noite, a verbena fin de festa estará amenizada pola orquestra Ritmo Joven.

Anuncios