
O xurado da XI edición do certame poético Victoriano Taibo que convoca o Concello de Gondomar, en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, reunido o 11 de setembro, de entre as 59 obras presentadas, elixiu como obras finalistas, as que ostentaban os seguintes títulos por orde alfabética: “A situación actual”, “De animais e outros deuses”, “Dente de leite” e “Diástoles e sintonías”.
O veredicto definitivo darase a coñecer nos próximos días, momento en que se fará público o gañador ou gañadora desta décimo primeira edición. O xurado estivo constituído polos escritores e escritoras Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta en nome do IEM e Rafa Vilar, gañador da X edición.
A entrega do premio será o día 17 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.